24/07/2006 19:07
Baixo o título de "Vogliamo tutto", a editora Feltrinelli publicaba alá pólo 1971 unha novela do poeta Nanni Ba lestrini, sobre a vaga de folgas na Italia de finais dos 60 e comezos dos 70.
Para quenes coñecían outra das súas novelas, "Los Invisibles" (Barcelona: Anagrama, 1998), esta edición de "Lo queremos todo" que ven de fa cer a librería asociativa "Traficantes de Sueños" era longamente agardada, xa que ata o momento só existía outra edición en castelán publicada no seu tempo pola editorial arxentina Ediciones La Flor.
Pois ben, agora xa está nas nosas mans esta lúcida e fermosa testemuña sobre as grandes folgas no emporio da Fiat. Unha viva recreación do que foi a formación da conciencia dunha parte da clase traballadora con respecto ao mundo no que vivía, camiñando dende a difusa identificación cos valores do mercado, ata a ruptura total coas implicacións humanas e sociais do capitalismo. Un chamamento á rebeldía contra o sistema que convirte as persoas en pezas do engranaxe económico e lles priva da capacidade de decidir pola súa conta. Unha testemuña, en fin, dunha loita na que os traballadores e traballadoras enfrontaban ao tempo o poder económico do xigante da automoción e as tentativas do sindicatos para recuperar a loita cara aos lindes do sistema:
"no caigamos más en esta trampa no formamos parte de un mismo cuerpo. No tenemos nada en común somos dos mundos diferentes somos enemigos y punto. La fuerza más grande de la que disponemos es precisamente el hecho de habernos con vencido de una vez por todas de que no tenemos ningún interés en comúr con el trabajo de los patrones y con el estado de los patrones".
O estilo, sen a penas puntuacións, reforza unha linguaxe viva, rítmica, que transporta ao lector os sentimentos do protagonista: un rapaz procedente do sul de Italia, que emigra cara ao norte procurando traballo, e toma contacto cun modo de vida completamente afastado do que coñecía. Unha voz dese protagonista colectivo que é a clase trabaliadora clamaba nunha asemblea:
"Compañeros yo soy de Salerno he hecho toda clase de trabajos tanto en el Sur como en el Norte y he comprendido algo. Que el obrero sólo tiene dos posibilidades o un trabajo masacrante cuando las cosas van bien o el paro y el hambre cuando van mal. No se muy bien cual de las dos es peor. En cualquier caso no es el obrero quién puede decidir sobre esto sino que es siempre el patrón quien las decide".
Esta nova edición do traballo de Nanni Balestrini segue sendo oportuna, agora que a presión para que nos identifiquemos cos valores do neoliberalismo é cada vez máis insistente. En tempos de apatía e conformismo, non está nada mal berrar de cando en vez que o queremos todo, que non renunciamos a nada, que levamos un mundo novo nos nosos corazóns...
Eliseo Fernández
Aparecido en Marea Negra número 13, Mayo-Junio 2006.
Sitio web desarrollado por xsto.info con eZ publish ™ y otras tecnologías libres